Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

O PPdeG en Ourense: Feijoo propón poñer na Moncloa "un fillo da Terra"

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, insistiu en destacar a condición de galego do candidato do PP á presidencia do goberno español.

Redacción - 09:00 22/02/2008
Tags:

"É a oportunidade de que goberne unha persoa que coñece todos e cada un dos concellos de Galiza", afirmou o líder dos populares galegos. Na opinión de Núñez Feijoo Galiza ten "unha cita coa historia" o 9 de marzo próximo, no sentido de que os galegos poidan colocar na presidencia do goberno español "un fillo da terra". "Exerce como galego, e como galegos temos a oportunidade de dicir o día 10 de marzo: eu votei ao primeiro presidente galego da historia da democracia", afirmou.

O líder do PPdeG pronunciouse así durante a apertura oficial da campaña electoral, acto para o que o seu partido escolleu o Parque de San Lázaro, en Ourense. Feijoo chamou a votar "co corazón e coa cabeza" argumentando que "son os dous síntomas dunha persoa que ten emocións e razóns". "Eu creo que neste momento hai razóns e hai emocións para abrir as portas de España e Galiza a un novo momento, unha nova época e a unha nova xeración de políticos e a unha forma distinta de facer política", engadiu.

"Non nos van confundir", reflexionou, comentando que as do 9-M "non serán unhas eleccións entre a esquerda e a dereita ou entre socialistas e populares", senón que serán uns comicios "da frivolidade contra a firmeza, da improvisación contra a coherencia e do pasado contra o futuro". "Galiza enteira xoga moito", dixo o líder do PPdeG, pedindo apoio para que Mariano Rajoy "sexa presidente" do goberno español.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: