O rexedor do PPdeG, un dos políticos locais máis veteranos de Galiza, presidía o consistorio dende 1975.
Na madrugada deste xoves faleceu vítima dun cancro Xosé Ferreiro Pardiñas, alcalde de Cesuras (comarca de Betanzos) dende 1975. Ferreiro Pardiñoas, enxeñeiro técnico agrícola de profesión, militaba no PPdeG. A súa andaina política na democracia comezou da man de UCD e posteriormente do CDS. En 1991 incorporouse á formación conservadora.