Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Independencia de Cosova

O goberno español apela á lexislación internacional para non recoñecer Cosova

Considera que se debe defender o principio de "integridade territorial dos Estados" porque está consagrado na Carta das Nacións Unidas e na Acta Final de Helsinki.

Redacción - 19:32 18/02/2008

O ministro español de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, presentoulles este luns aos seus homólogos da Unión Europea un proxecto de conclusións para a súa aprobación sobre a independencia de Cosova, que seguían a debater na tarde deste luns.

Saliéntase que se trata dun caso "sui generis que non senta ningún precedente" e que, malia esta secesión unilateral, a UE segue a defender "o principio da integridade territorial dos Estados", tal e como aparece consagrado na Carta das Nacións Unidas e na Acta Final de Helsinki.

A delegación española considera que a independencia de Cosova é o resultado "do conflito, da limpeza étnica e da catástrofe humanitaria dos anos 90 e do amplo período de administración internacional".

A mención ao caso "sui generis" aparece tamén no borrador de conclusións presentado pola presidencia eslovena, mais non a referencia á "integridade territorial".

En todo caso, Moratinos insistiu en que non hai ningún paralelismo entre Cosova e os territorio con arelas de independencia do Estado Español. Simplemente, afirmou, opóñense á independencia porque vulnera a legalidade internacional.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: