Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nas pasadas eleccións municipais

Acusan a Xunta de pagar a viaxe dunha axente electoral do PSdeG

O PPdeG presentou probas documentais que implican á Secretaría Xeral de Emigración. A beneficiaria admitiu traballar para o alcalde de Muxía.

Redacción - 14:30 14/02/2008

O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, denunciou esta quinta feira que a Xunta pagou con fondos públicos un billete de avión a unha axente electoral do PSdeG para que viaxase a Bos Aires (Arxentina) entre o 2 de abril e o 23 de maio, xusto antes das pasadas eleccións municipais.

O dirixente popular achegou como proba un correo da deputada socialista no Parlamento Marisol Soneira -responsábel de asuntos relacionados coa emigración- dirixido á axente electoral, onde consta o localizador e datos do voo.

Este email é o reenvío doutro que a Secretaría Xeral de Emigración lle enviara previamente á parlamentaria do PSdeG, onde se pode ler que o billete se xestionou por orde do xefe de Gabinete de Emigración, Carlos Cortón.

Afonso Rueda amosou ademais o recibo do billete de avión, en que consta a clave que identifica a Secretaría Xeral de Emigración como cliente habitual da compañía Iberia, coñecida como código OPI, que "proba" que a Xunta sufragou o custo da viaxe, por valor de 1.120,95 euros.

Os populares aseguraron que a axente electoral beneficiaria do voo, María Isabel B.R., que é emigrante retornada, admitiu que traballou "como axente electoral" do actual alcalde de Muxía, o socialista Félix Porto.


Documentos

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: