Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CURSO DA USC

Cando a historia tamén se reflicte no viño

Xavier Castro e Cristina Alcalá serán os encargados de impartir os dous módulos do taller que afondará no valor deste produto como símbolo identitario do noso país.

Redacción - 10:30 24/02/2008
Flickr: Jorge V.F

Flickr: Jorge V.F

O viño sempre estivo moi relacionado coa historia de Galiza. Agora a USC, afonda na súa importancia a través dos cursos de formación continua, con modalidades básica e de perfeccionamento, que se desenvolverán de marzo a abril no Hotel Virxe da Cerca de Compostela. Os encargados de impartir estes cursos serán o profesor da USC especialista en historia do viño e alimentación, Xavier Castro, xunto coa enóloga Cristina Alcalá, autora do libro O mundo do viño contado con sinxeleza.

O viño como símbolo de identidade
O curso básico céntrase na cultura do viño. Durante as clases, explicarase o seu valor tradicional como produto de primeira necesidade, pero tamén como símbolo de identidade, falarase sobre o seu erotismo, a historia do gusto, ou os factores socioculturais na base da preferencia polo branco ou tinto. Tamén a súa simboloxía, ou a súa relación coa muller serán tratados neste módulo inicial. Pero ademais haberá tempo para a práctica, durante as clases de cata os asistentes poderán diferenciar cepas e coñecerán as distintas Denominacións de Orixe galegas.

Para os xa iniciados, o curso de perfeccionamento afondará na historia dos caldos galegos no Estado, as variedades de cepas foráneas ou autóctonas, así como nos usos culturais que tradicionalmente se lle foron dando ás parras e aos outros elementos da vide.

Falarase ademais sobre a vendima no ciclo do calendario agrícola, nos modos de beber ou nos erros e prexuízos na elaboración do viño. Durante o modulo de cata deste curso, analizaranse as Denominacións de Orixe contra os Viños da Terra, a influencia da madeira no viño, as técnicas e tempos de crianza ou a gastronomía galega.

Xavier Castro e Cristina Alcalá fálannos sobre este curso:



Clases prácticas nas adegas

O curso básico impartirase de luns a venres do 3 ao 31 de marzo, mentres que o de perfeccionamento será do 2 ao 30 de abril. Ademais destas clases, o programa inclúe visitas a adegas e unha clase práctica que consistirá nunha cea, con cata comentada, atendendo á harmonización dos viños coa gastronomía.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Durante o curso cataranse viños das cinco DO galegas. Flickr: Plavi
Durante o curso cataranse viños das cinco DO galegas. Flickr: Plavi
Nó nas vides. Flickr: oscuroabismo
Nó nas vides. Flickr: oscuroabismo