A pontevedresa, que segue de 87 na listaxe de mellores xogadoras, tentará continuar deica o fin na última proba da WTA.
Xógase esta semana en Viña del Mar (Chile) un novo torneo da WTA (que outorga puntos para situarse mellor na listaxe de mellores xogadoras), dotado cun premio de 200 mil dólares. A tenista galega está disposta a levalo, e, as cousas marchan ben.
Despois de vencer esta terza feira á tenista checa Iveta Benesova (137 na listaxe de mellores xogadoras do mundo) por 6-2 e 7-5, terá que xogar contra Dulko (43 na listaxe de mellores xogadoras a nivel mundial), quen regresou ao circuíto tras unha lesión.
A arxentina tamén pasou aos oitavos de final, onde se atopará coa tenista pontevedresa, tras gañarlle á xogadora local Camila Silva por 6-4 e 6-1.