Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Horas despois de coñecer a decisión de Garzón

Reaccións dos partidos galegos

Feijóo pensa que "triunfaron os principios" e Francisco Rodríguez enmarca a acción no "contexto preelectoral".

Redacción / EP - 17:35 08/02/2008
Cartaz electoral de EHAK-PCTV

Cartaz electoral de EHAK-PCTV

Mentres que o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, dixo que prefire agardar pola sentenza do Supremo, e que a súa formación non ten unha posición "entusiasta" a favor da suspensión ou a ilegalización de partidos políticos, o líder do PPdeG, Núñez Feijóo asegurou que con esta decisión, as vindeiras eleccións vólvense "máis democráticas, máis limpas e máis dignas".

Feijóo aplaudiu deste xeito a decisión do xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, de suspender as actividades das formacións EHAK e ANV por un período de tres anos. O líder dos populares galegos dixo que nesta decisión de Garzón "triunfaron os principios" e "fracasaron as políticas de oportunismo e conveniencia". Feijóo tamén destacou que esta suspensión demostra que "tiñan razón" aqueles que mantiñan que as dúas formacións políticas vascas mantiñan unha "relación directa" con ETA.

Pola contra, o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez dixo, en declaracións a Europa Press, que esta decisión encaixa, "desgraciadamente" nun "contexto preelectoral". A seguir Rodríguez cuestionou que o proceso de ilegalización de ámbalas dúas formacións se estea a facer "co suficiente coidade e precisión democrática". "O máis preocupante é onde comezan as situacións ilegais dunha organización política e as súas connotacións co terrorismo", terminou.


1,25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: