Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

O delegado do goberno español sospeita que Resistencia Galega está detrás da bomba de Miño

Segundo Manuel Ameijeiras, o artefacto que estourou nunha caseta de obras de Fadesa tiña entre tres e catro quilos de pólvora.

Redacción - 13:30 08/02/2008

O representante do executivo estatal en Galiza, Manuel Ameijeiras, afirmou que o "modus operandi" no último atentado en Perbes (Miño) “faino practicamente similar a outras actuacións de Resistencia Galega”. Ameijeiras sinalou que os danos na nave comercial da urbanización “Costa Miño”, que constrúe Martinsa-Fadesa, foron escasos.

Ameijeiras subliñou que este tipo de atentados son "especialmente graves" a poucas semanas duns comicios xa que “distorsionan un proceso electoral, que é a máxima expresión da democracia e das leis”.

O BNG condea o atentado (actualizado ás 17.15 horas)

A dirección do Bloque fixo público un comunicado no que condea os feitos acontecidos esta madrugada en Miño. Dende as filas da organización nacionalista subliñan que "a violencia repugna a conciencia pacifista e democrática do pobo galego, para quen estes actos resultan unha ofensa intolerábel".

Tamén o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, se referiu ao sucedido en Perbes en parecidos termos. O máximo mandatario galego mostrouse confiado "no bo traballo das forzas de seguridade".


4,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: