A empresa Hidroeléctrica Laracha atendeu unha petición dunha asociación de veciños para emitir facturas na nosa lingua.
A normalización lingüística tamén está nos pequenos trunfos diarios. Un exemplo é o que aconteceu esta semana no municipio bergantiñán da Laracha. A empresa Hidroeléctrica Laracha anunciou que remitirá as facturas en galego aos clientes a partir do vindeiro mes.
O paso débese en boa parte á asociación de veciños A Cutareira de Torás que lle pedira á empresa un cambio de actitude. A empresa tamén se comprometeu a normalizar o uso do galego en todos os departamentos.