Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segue a causa aberta en Euskadi

Garzón imputa "por colaboración" con ETA a tres membros de EHAK

O xuíz da Audiencia Nacional Española acusou tamén de asociación ilícita ao presidente do partido, Juan Carlos Ramos, e aos tesoureiros Jesús María Agirre e Sonia Jacinto.

Redacción - 19:13 06/02/2008
Cartaz electoral de EHAK-PCTV

Cartaz electoral de EHAK-PCTV

Nun auto notificado esta cuarta feira o xuíz Baltasar Garzón tamén pregunta á Fiscalía se procede pedir ao Tribunal Superior de Xustiza vasco que solicite ao Parlamento o levantamento da inmunidade ás deputadas de EHAK, Nekane Erauskin e Karmele Berasategi ante a posíbel comisión de un delito.

Nesta resolución, interpretada como o chanzo anterior á suspensión de actividades e posterior ilegalización deste partido, o xuíz tamén pide ás entidades bancarias nas que EHAK e o grupo parlamentario teñen contas, que lle comuniquen previamente calquera movemento que haxa nelas.

Un novo delito de colaboración con ETA e outro de asociación ilícita

O presidente de EHAK e o tesoureiro Jesús Aguirre xa estaban imputados nesta causa dende setembro 2005, por un delito de colaboración con ETA, con outros sete membros deste partido: Juan José Petrikorena, Peio Galvez, Aritz Blázquez, Juan Manuel Rodríguez, Joseba Zinkunegui, Eneitz Ugarte e Joseba Gotzon Amaro.

Agora Garzón imputa dun outro delito de colaboración con ETA a estes dous dirixentes do partido, así como a Sonia Jacinto, ante as novas probas aportadas contra eles no informe policial sobre EHAK e a súa relación con Batasuna. Tamén lles engade un novo delito, o de asociación ilícita.

O xuíz tomou esta decisión após a vista sobre a suspensión de actividades de EHAK, (desenvolvida a pasada segunda feira, na que compareceu o presidente Juan Carlos Ramos), e despois de imputar esta terza feira polos mesmos delitos aos tres dirixentes de de ANV, Kepa Bereziartua, Alazne Arozena e Antxon Gómez, que tamén se reunían con el na vista do caso de suspensión do seu partido.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: