Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
SEGURIDADE NO MAR

O BNG inicia unha nova ofensiva para lograr a transferencia de Salvamento Marítimo

O deputado Bieito Lobeira rexistrou tres preguntas para que Pesca dea información sobre os últimos naufraxios.

Redacción - 14:02 06/02/2008

O deputado Bieito Lobeira asegura que xa se desmotrou que para o Estado este servizo non é prioritario. Contra isto, dende as filas nacionalistas cren que Galiza ten “capacidade de sobra” para asumir as competencias relacionadas coa seguridade marítima xa que, como dixo Lobeira, "é máis fácil xestionar o salvamento dende Galiza que dende a Meseta”.

O deputado rexistrou tamén tres preguntas no Parlamento para preguntar polo afundimento do 'Royalist' no Gran Sol; do 'Spinning Dale', en Escocia; e do 'Ferralames' nas Malvina. O BNG quere que a consellaría dea toda a información da que dispón sobre os feitos.


3,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: