Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENERXÍA EÓLICA

O exército británico di que os aeroxeradores interfiren cos seus radares

Un estudo da Forza Aérea do Reino Unido obrigará a buscar diferentes situacións para parques eólicos previstos na costa das illas británicas.

Redacción - 14:00 06/02/2008
Detalle dun aeroxerador / André Karwath

Detalle dun aeroxerador / André Karwath

A proposta británica de impulsar a enerxía eólica nas súas costas pódese ter que enfrontar a un importante atranco. O Ministerio de Defensa, segundo conta The Times, non aproba a instalación de aeroxeradores en determinadas zonas porque interfiren nos sinais dos radares que 'defenden' as illas británicas.

O xornal informa de que a Forza Aérea descubriu hai uns meses en Gales que os radares non podían distinguir entre as turbinas dun avión e as dos 'muíños' eólicos. Por iso, dedicidiron avisar o Goberno para que non se instalen parques eólicos en zonas próximas aos radares militares.

O informe negativo pode desbaratar o obxectivo do executivo laborista de potenciar a enerxía de orixe eólica para conseguir o autoabastecemento dun terzo do consumo no Reino Unido. Actualmente están en funcionamento no estado 165 parques, que producen enerxía para un millón de fogares e aforran a emisión de cinco millóns de toneladas de dióxido de carbono ao ano.

A asociación británica da enerxía eólica, o exército e o Ministerio de Industria británicos xa están a traballar na busca de emprazamentos alternativos.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: