Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novo informe estatístico

Case cinco anos de ocupación: un millón de iraquís mortos

A finais do inverno de 2003, EUA e os seus aliados invadían Iraq. Case un lustro despois, un novo dato sae á luz: 1.033.239 iraquís morreron dende aquelas.

Redacción - 13:00 31/01/2008



Máis dun millón de iraquís morreron desde o comezo da guerra desencadeada por Estados Unidos en marzo de 2003 en Iraq deica agosto de 2007.

A cifra achegada é resultado dun estudo estatístico -feito público esta quinta feira- elaborado polo instituto británico Opinion Research Business (ORB) e polo Independent Institute for Administration and Civil Society Studies (IIACSS).

Un total de 2.414 persoas, maiores de 18 anos, foron entrevistadas polo ORB relativa para determinar o número de persoas mortas nos seus respectivos fogares, dende a invasión.

Os resultados da investigación cifraron en máis dun millón o número de iraquís, concretamente 1.033.239, que perderon a vida nestes cinco anos de ocupación da coalición internacional que lidera EUA.

Os datos finais da enquisa sinalan que o 20,2% dos entrevistados confirmaron a morte de polo menos un familiar nos seus fogares, cunha media de 1,26 mortes por núcleo familiar, por causas relacionadas coa violencia enquistada en todo o país.

O censo completo máis recente en Iraq remóntase a 1997 e cifra en 4.050.597 o total de fogares no país, subliña a institución británica.

A cifra podería ser maior
O estudo, realizado entre agosto e setembro do 2007, ten unha marxe de erro de arredor do 1,7% e cobre 15 das 18 provincias do país.

Tanto Kerbala como Al Anbar ficaron fóra do estudo "por motivos de seguridade", afirma a organización polo que a cifra, din podería ser "aínda maior". Tampouco existen datos da rexión setentrional de Irbil xa que as autoridades renunciaron a colaborar cos investigadores.

O ORB é membro do Consello de Investigación Británico mentres que o IIACSS é un instituto de opinión establecido en Iraq no 2003 que realizou diversas enquisas en todo o territorio iraquí.


Documentos

4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: