Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LEI DE FUNCIÓN PúBLICA

Xunta e sindicatos acordan reducir á metade os postos de libre designación

Méndez Romeu cualifica de “alarmistas” as críticas contra os pluses de altos cargos e sinala que, polo de agora, “só se lle concedeu a 76 persoas”

Redacción - 13:20 28/01/2008

Os cargos de confianza que tradicionalmente se cubrían a dedo, 1.300 na actualidade, van ficar reducidos á metade. A Consellaría de Presidencia e os sindicatos UXT, CIG e CC.OO, asinaron un acordo este luns en Compostela para limitar este tipo de nomeamento.

O remedio é a posta en marcha de seis criterios que terán que cumprir os cargos de libre designación. Así estes postos quedan reservados para persoal de especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada pola Xunta, por exercer responsabilidade institucional, por garantir o adecuado exercicio de autoridade administrativa, por garantir unha adecuada toma de decisións que supón a limitación de dereitos da cidadanía en situacións de alerta sanitaria ou emerxencia, especial responsabilidade para garantir a protección dos datos persoais, ademais daqueles postos de carácter directivo.

Os sindicatos coidan que é un paso importante
As tres organizacións sindicais presentes cren que é un paso “satisfatorio” porque é a primeira vez que se intentan regular este tipo de postos de traballo, porén consideran que podía ser aínda máis ambicioso.

Pola súa parte, o conselleiro Xosé Luís Méndez Romeu tamén se referiu aos polémicos pluses de altos cargos. O titular de Presidencia considera que non hai motivo para a alarma porque “só” 100 persoas solicitaron o beneficios e recoñecéuselle o dereito, polo de agora, a 76. Os representantes da CIG reiteraron que seguen adiante coa súa intención de recoller sinaturas para que o Parlamento volva debater os sobresoldos.


2,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: