O goberno dos EUA planea construír novas infraestruturas para asegurar a permanencia da industria madeireira no Estado.
A semana pasada sorbemos que a Selva do Amazonas segue a estar en constante perigo, e que a súa destrución se acelerou nos últimos meses. De feito, nos últimos cinco meses contabilizáronse 3.235 quilómetros cadrados menos de bosque.
Agora o perigo da desertización chega tamén a Alasca. Ao abrigo dun plano do goberno norteamericano (apoiado polos madeiristas, mais moi criticado polos ecoloxistas), poderíanse destruír 1,2 millóns de hectáreas do Parque Forestal de Alasca, para pór, no canto das árbores, varias estradas e outras infraestruturas.
A administración Bush aprobou a pasada sexta feira un plano de xestión forestal para o seu pedaciño de Alasca, o meirande con vexetación do seu tipo nos EUA (abrangue case 6,8 millóns de hectáreas).
Para garantir a estabilidade do sector da madeira
Os grupos ecoloxistas non cren que esta proposta non vaia devastar os bosques, mentres os membros da industria madeireira consideran esta medida esencial para a recuperación da súa actividade no Estado.
O representante dos gardas forestais de Alasca, Denny Bschor, que aprobou o plano gobernamental, precisou que este tamén nace para defender a diversidade e a saúde dos bosques, ao tempo que canaliza os medios de subsistencia dos moradores da zona e asegura unha fonte de distracción e de interese para os visitantes.