Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eu tamén abortei!

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto por toda Galiza

Debido aos feitos acontecidos as pasadas semanas (procesos xudiciais abertos contra varias clínicas e mulleres), o colectivo feminista chama a saír á rúa.

Redacción - 13:30 23/01/2008
Polo aborto libre e de balde, na sanidade pública / Flicrk: Gabby De Cicco

Polo aborto libre e de balde, na sanidade pública / Flicrk: Gabby De Cicco

Esta cuarta feira hai convocadas varias manifestacións por todo o país. Ás 20:00 horas na Praza do Concello en Lugo; diante do MARCO en Vigo; na Praza do Toural en Compostela; na Praza do 8 de Marzo en Pontevedra; e no edificio da Xunta en Ferrol; e media hora máis tarde, no Obelisco da Coruña.

A Marcha Mundial das Mulleres considera que, "ante as agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedéndose nas últimas semanas,e que están afectando tanto a mulleres que interromperon o seu embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza da IVE (interrupción voluntaria do embarazo)" chegou a hora de se mobilizar por todo o país.

Ademais, a coordinadora nacional da Marcha comezou unha campaña de recollida de autoinculpamentos que se presentará nos xulgados o vindeiro 8 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora.


4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: