Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLO DE CONFERENCIAS NO CGAC

A arte fai ruído

Cartografías da escoita. Son e lugar reúne en Compostela entre o martes e o xoves a oito artistas sonoros e investigadores.

Redacción - 17:30 21/01/2008

Escoitar.org forma parte do Proxecto-Edición, posto en marcha pola Fundación Seoane, o Marco e o CGAC, e sitúa entre os seus obxectivos a conservación da memoria sonora de Galicia, a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial, a restauración e dixitalizacón de arquivos sonoros, o fomento da participación dos oíntes na configuración do patrimonio sonoro e, sobre todo, nos traballos de campo/gravación e contextualización dos sons ambientais do país. O resultado do proxecto pode escoitarse no sitio web de Escoitar.org, no que se recolle un mapa sonoro de Galiza, con sons naturais, industriais, humanos, e mesmo silencios.

Entre o martes 22 e o xoves 24, o CGAC acolle un ciclo de conferencias coa participación de importantes artistas sonoros como Bill Fontana, Brandon LaBelle, Llorenç Barber, Peter Cusack e investigadores como Carmen Pardo Salgado, Jean-Paul Thibaud, John Levack Drever e José Luis Carles. Entre todos reflexionarán sobre a importancia do son, tanto para a conformación dunha visión do mundo como da propia identidade, dende unha óptica artística e estética, mais tamén dende unha perspectiva analítica.

As conferencias completaranse cun ciclo de de cine (Audiovisións) que terá lugar no CGAC do 4 ao 16 de marzo de 2008.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: