Bush pechou a venda a Arabia Saudí de material militar por valor de 120 millóns de dólares.
"O desexo de paz é a mellor arma na loita contra os extremismos", declarou o presidente dos Estados Unidos, George W.Bush, durante unha intervención esta semana na súa xira de visitas por Oriente Próximo.
E ao pechárense os micrófonos, a delegación dos EUA confirmaba o paquete de material militar que lle acababan de colocar a Arabia Saudí: 120 millóns de dólares en armamento diverso, incluídas tecnoloxías avanzadas para o mellor aproveitamento de explosivos convencionais. Unha venda que, segundo a Casa Branca, ten que ver coa presión que pretenden trasladarlle a Irán. A curto prazo, os petrodólares de Kuwait, Qatar e outros países da zona, pagaranlle até 20 mil millóns en contratos similares ao acordado con Arabia Saudí esta mesma semana.
Na web do goberno estadounidense poden seguir polo miúdo a actividade de Bush segundo o relato dos seus colaboradores na bitácora da viaxe.