Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN EDIMBURGO

Carod e Salmond avanzan cara á independencia

Na xuntanza que manterán este xoves, intercambiarán información sobre a realización de referendos e sobre a xestión do autogoberno.

Redacción - 10:27 10/01/2008

Carod Rovira, vicepresidente da Generalitat, está en Edimburgo para entrevistarse co primeiro ministro escocés, Alex Salmond. O obxectivo da reunión é intercambiar información e experiencias, sobre todo as relacionadas coa celebración dos referendos de autodeterminación que ambos proxectan celebrar na vindeira década (2010 en Escocia, 2014 en Cataluña).

Salmond explicaralle a Carod as bases do documento presentado polo seu goberno (Choosing Scotland's Future) para conducir o proceso independentista. O texto explica que a mellor maneira de acadar democraticamente a independencia é a través de dous referendums: un para autorizar o goberno escocés a negociar un acordo con gobern do Reino Unido e outro para corroborar a decisión de Escocia de ser independente, que sería o referendo de independencia propiamente dito. O goberno escocés abriu o pasado mes o chamado "diálogo público" (national conversation) para avanzar cara á independencia.

Pola súa banda Carod informará a Salmond sobre as competencias de Cataluña en inmigración, sobre a potestade do president da Generalitat de convocar eleccións, sobre a constitución da Axencia Tributaria de Cataluña e sobre o modelo de televisión pública catalán.


4,94/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: