Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NAS VEGAS

Como seguir o CES desde lonxe?

O Consumer Electronics Show é unha das máis grandes feiras de enxeñería e innovación que existen

Redacción - 17:24 08/01/2008

Celébrase cada ano a primeiros do mes de xaneiro en Las Vegas. Unha fabulosa ocasión de facerse cunha idea sobre as tendencias no mundo das TIC para os consumidores.Velaquí algunhas ligazóns úteis:

Para os que queren rastrexar tranquilamente primeiro, esta lista de artigos obtida buscando sobre Google News: CES + "LAS Vegas". Había máis de 10.000 hoxe ás 9 da mañá.

Un momento de emoción e algúns sorrisos (véxase o vídeo do seu último día no traballo) para o último gran discurso de Bill Gates como dono de Microsoft. Nada con respecto a tendencias.

Blog Search dá máis de 3.000 artigos publicados durante as últimas 24 horas. Estes, polo menos falan de "tendencias" (trends).

Seguen sendo os valores seguros: Between the Lines de Dan Farber et Larry Dignan (C|net). Ubergizmo ten a súa excelente e habitual lista de tendencias.

O San José Mercury News segue a feira de perto (véxase, en particular, o blog de Dean Takahashi).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: