Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desacordo no "reparto" municipal

Os do "amiguismo" eran "os do PP", retrúcalle Abel Losada a Rueda

É o "actual Goberno" o que muda as políticas de "discriminación" que deixou o PP, asegura o deputado do PSdeG. Mentres, o PPdeG insiste: "o bipartito incumpre a lei da transparencia".

Redacción - 10:00 05/01/2008

"Foron lamentablemente dezaseis anos nos que as políticas de subvencións e convenios do goberno do PP cos concellos galegos estivo baseado na discrecionalidade e o amiguismo político", recriminoulle o voceiro parlamentario do PSdeG na área de Infraestruturas, Abel Losada, ao secretario xeral do PPdeG. "Esas políticas introduciron en Galiza intolerábeis cotas de discriminacións sociais e territoriais que o actual goberno ten agora a labor de mudar", queixouse Losada.

Anteriormente, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, denunciara que o seu grupo detectou un "sectarismo escandaloso" no reparto de convenios da Xunta cos concellos galegos, que se evidencia nunha distribución dos cartos "discriminatoria e interesada".

Ao respecto, Abel Losada sinalou que durante os gobernos de Manuel Fraga, os investimentos "non se facían en función da máis mínima rendabilidade social e económica, senón seguindo estratexias partidarias e de consolidación dos distintos dirixentes do PP". "Seguramente o señor Rueda ten a capacidade aritmética de entender que o relevante non é a porcentaxe de concellos senón o porcentaxe de cidadáns que viven nestes concellos", avaliou ao fío das denuncias dos populares.

En resposta á súa vez a Abel Losada, o PPdeG enviaba aos medios este venres un comunicado onde insistía nas queixas e rexeitaba o reparto de cartos en función do número de cidadáns do municipio. Na opinión dos populares, ese reparto "despreza o reequilibrio territorial". "O voceiro socialista cre que se ten que entregar o diñeiro de forma lineal, dando por feito que teñen as mesmas necesidades os habitantes dunha gran cidade que os de concellos pequenos aos que, nalgúns casos, non chega a auga corrente", sosteñen desde o PPdeG.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: