Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Cantares de Reis

Aguinaldos a cambio de melodías

Os nenos galegos están a recuperar as antigas tradicións do noso país para as datas de Nadal. Aquí podemos ver unha pequena mostra.

Lucía Iglesias - 09:30 06/01/2008

"Día de Reis, día de Reis,
primeira festa do ano,
entre damas e doncelas,
imos pedir o aguinaldo."

Eran moitos os mozos e mozas que cada ano recorrían as rúas das súas vilas en busca dun agasallo ou dalgún aguinaldo, con estes versos na boca e unha melodía que enchía de ledicia as casas dos veciños. A día de hoxe, xa non se mantén este costume, mais diversas organizacións están a traballar para que a tradición caia no esquecemento, e para iso, que mellor que ensinárllela aos máis cativos.

O Museo do Pobo Galego, leva xa un par de anos ensinando as danzas e cantos de reis a todos os nenos que gusten da música e teñan interese por aprender. En Vieiros falamos con Luís Prego, o director de baile do grupo compostelán Brincadeira, e monitor dos pícaros, que nos explicou en que consisten estas actividades.



Máis cantares tradicionais
Segundo Luís Prego, os rapaces móstranse moi receptivos cos bailes e moi interesados en aprenderen as cancións destas datas, aínda que hai que motivalos para que se interesen polas actividades que lles propoñemos. "En moitos casos non saben que existen este tipo de cantos, mais outros nenos si os coñecen, porque xa llelos cantaron na escola".

Pero esta non é a única iniciativa deste tipo levada a cabo nestes días, a Fundación Wenceslao Fernández Flórez organizou tamén este sábado unha festa onde participaron os Receiros de Villa Florentina, un grupo de homes e mulleres da parroquia de San Salvador de Cecebre, do concello de Cambre, que se xuntan cada ano para conmemorar esta festividade especial. Este ano, foi o gaiteiro Raúl Galego o encargado de dirixir o coro.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: