Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VENRES 4, NA MARDI GRASS DA CORUÑA

A xira sen fin dos Homens

O trío percorrerá en xaneiro e febreiro Galiza e o norte de Portugal, con concertos en Melide, Porto, Maia, Penafiel, O Barco, Ourense e Lugo.

Redacción - 13:15 03/01/2008

The Homens comenzan 2008 como remataron o 2007, subidos na furgoneta, en ruta, e percorrendo as salas de concertos do país. A finais de xaneiro, ademais, regresarán a Portugal, onde xa tocaron o pasado ano, para ofrecer catro actuacións en dous días. Xa en marzo, a banda visitará Pintecaldelas, Vigo ou O Porriño. A primeira cita, este venres na Mardi Grass da Coruña a partir das dez e media.

E malia a que aínda non contan con videoclip oficial, a creatividade de persoas como Ultramarinho permite ver o vídeo non autorizado de Calamar, o primeiro single de Tres.



Dous meses de concertos
4 de xaneiro. A Coruña, Sala Mardi Gras, 22.30
11 de xaneiro. Melide, Pub Gatos, 1.00
25 de xaneiro. Porto, Fnac Santa Catarina, 17.00
25 de xaneiro. Maia, Tertúlia Castelense, 23.00
26 de xaneiro. Penafiel, Fnac Norte Shopping, 17.00
26 de xaneiro. Penafiel, Bar do Lago, 23.00
1 de febreiro. O Barco de Valdeorras, Sala Baranda
16 de febreiro. Ourense, Café Cultural Auriense
29 de febreiro. Lugo, Pub Clavicémbalo Día 15, Ponteareas. Pub Salón Parroquial


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: