O Ateneo Ferrolán proxectará, entre outras, 1977, de Peque Varela, El hombre esponja de Juan Antonio Baiona (director de El Orfanato) e traballos da EIS de Vigo.
O Ateneo Ferrolán leva dende 2001 organizando esta Mostra de Curtametraxes, con grande éxito de público, que ano a ano vaise convertindo nunha cita tradicional na cidade.
Nesta sétima edición destaca a proxección do traballo da ferrolá Peque Varela 1977, seleccionado para un feixe de festivais internacionais, entre eles o de Sundance. Outra curta do programa é El hombre esponja de Juan Antonio Baiona, director de El Orfanato. Ademáis, farase unha mostra dos traballos realizados na Escola de Imaxe e Son de Vigo coas novas promesas de directores noveis.
Así mesmo, amosarase a curta Piojos de Edu Lavandeira, e presentaranse os seus últimos traballos de María Salvatierra, Raúl García, Marcos Méndez, Eva Rei, Gervasio Vs Yakuza e outros.