Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tres mil euros por baixo da media estatal

Carreira a 2008 cos salarios máis baixos

O salario medio anual por traballador situouse en Galiza en 15.621,43 euros en 2005, o que supón o máis baixo do Estado, só superado por Estremadura e Canarias, segundo os últimos datos do INE dispoñíbeis.

Redacción - 09:00 26/12/2007
Tags: INE salarios

Só Estremadura, con 15.242,05 euros, e Canarias, con 15.590,68 euros, están por baixo dos salarios galegos, segundo a Enquisa Anual de Estrutura Salarial publicada polo Instituto Nacional de Estatísdica (INE). O salario medio estatal quedou en 2005 en 18.676,92 euros, un incremento de apenas o 2% respecto a 2004.

No outro lado aparece Madrid, cos salarios máis altos, 22.973,66 euros /ano por traballador. Séguenlle Euskadi, 21.730,03 euros, Navarra, 20.829,74 euros, e Cataluña, 20.067,13 euros. O maior crecemento para os petos dos traballadores apareceu ese ano en Murcia, onde os soldos se incrementaron de media nun 3,5%. Tamén na Rioxa e Castela e León as subas medias pasaron até 0 3,2%. Mentres, en Galiza a suba quedou en apenas o 0,8%, a menor do Estado.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: