Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Orixinal protesta

Papá Noel reparte exames amañados para entrar na Deputación de Ourense

Militantes das Xuventudes Socialistas disfrázanse con caretas de Baltar para denunciar polas rúas o enchufismo no organismo provincial.

Redacción - 12:30 24/12/2007

Militantes das Xuventudes Socialistas de Ourense percorreron esta fin de semana as rúas da cidade disfrazados de Papá Noel e con caretas do presidente da Deputación, Xosé Luís Baltar. Os mozos da organización socialista repartiron, a modo de protesta, exames de oposición coas respostas xa feitas e nos que, para entrar a traballar no ente provincial, só había que poñerlles o nome.

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Jonathan da Silva, explicou que “iso é o mesmo que fai Baltar, reparte postos de traballo entre os seus amigos sen ser necesario amosar os seus coñecementos nun exame, pasando por riba dos criterios de mérito, capacidade e igualdade”.

Os actos de protesta vanse repetir este luns 24 de decembro, ás 19 horas, diante do centro comercial Ponte Vella.


4,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: