Carme Gallego di que a oposición dos ecoloxistas non ten fundamento e sinala que se van crear dous mil empregos en “zonas deprimidas”
Nunha entrevista en RNE, a conselleira de Pesca, Carme Gallego, asegurou que o plan de acuicultura que leva adiante o seu departamento está a ser moi criticado pola “gran difusión que se lle está a dar”. Gallego contrapuxo esta “transparencia” á do anterior plan, aprobado pola anterior Xunta en funcións. A conselleira volveu defender os proxectos acuícolas que tanta resposta social están a xerar: “Non hai ningún grupo ecoloxista que se preze que poida dicir que é irrespetuoso co medio ambiente”.
A titular de Pesca reiterou que o plan “garántalles aos propietarios un prezo mínimo por metro cadrado de 5 euros”. Gallego estima que o plan vai crear dous mil postos de traballo en “zonas moi deprimidas” do litoral