Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TENSIÓN PARLAMENTARIA

Rego asegura que Feijoo intenta copiar a “estratexia de crispación” que o PP aplicou en Madrid

Logo de que os conservadores anunciaran que están a estudar se denuncian no Constitucional o “acoso” que sofren.

Redacción - 13:51 22/12/2007

O voceiro dos socialistas no Parlamento, Ismael Rego, sinalou este sábado que o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, ten preparada para Galiza unha “estratexia de crispación” como a que o PP aplicou na política española nesta lexislatura.

As acusacións de Rego veñen logo de que o voceiro dos conservadores, Manuel Ruíz Rivas, anunciara que están estudando a posibilidade de acudir ao Tribunal Constitucional porque se sinten perseguidos pola presidencia do Parlamento e polas comisións de investigación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: