A modernidade chega tamén ás vellas tradicións e os nenos de Vimianzo puideron ver, esta semana, ao Papá Noel por videoconferencia, uns días antes de que lles entre pola cheminea.
O Nadal vén moi modernizado este ano. Xa vos adiantabamos dende Vieiros que este ano pensan poñer Mamás Noel a repartir agasallos (vales de compra) polas rúas de Viveiro... mais agora tamén hai Pais Natal tecnolóxicos en Vimianzo.
Esta semana os nenos e nenas da vila acudiron ao Telecentro para asistir a un encontro co home groso de vermello, por videoconferencia.
O acto estaba organizado polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo, e velaquí unhas imaxes do momento.
A cita vaise repetir a primeira semana de xaneiro, pero desta volta cos competidores principais do Papá Noel, coas súas maxestades, os tres Reis Magos.