Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto con capital 100% galego

O Saviñao faille sitio á maior "horta solar"

Con 103 hectáreas ocupadas no lugar de Seteventos, será o parque fotovoltaico máis grande a nivel estatal.

Redacción - 09:00 18/12/2007

Recibirá o investimento de 174,8 millóns de euros, cunha potencia instalada de 23 Megavatios e unha produción anual de 44 Mw/hora. Fornecerá do equivalente enerxético ao consumo de 135 mil familias. Coa loita contra o cambio climático nas primeiras planas, na presentación do proxecto este luns, os seus promotores subliñaron tamén que evitará a emisión de 16.400 toneladas de CO2. Calculan uns beneficios anuais de 19,5 millóns de euros.

A iniciativa está impulsada pola cooperativa Solidaridade Solar SL, e proxecta o despregue do parque de produción de enerxía eléctrica a través de paneis fotovoltaicos e á vez a creación dun complexo asistencial no Pazo de Maside, en Pantón, que se converterá en residencia de maiores e centro de día e que precisará do investimento de 25,1 millóns de euros. Á súa vez, será autosuficiente, co aproveitamento de enerxía solar para auga quente e electricidade.

Considerado de incidencia supramunicipal, implica a varios concellos da Terra de Lemos: Monforte, O Saviñao, Pantón, Sober, Bóveda e A Pobra de Brollón. A horta solar estará rematada nun prazo de 12 meses, e o complexo asistencial en 38 meses. Na presentación do proxecto, á beira do conselleiro de Industria, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, destacou o interese de ideas "integrais e ecosustentábeis de marca e factura galega" que como esta contribúen a "diversificar oportunidades, dinamizar o rural e favorecer un desenvolvemento económico reequilibrador". Ao fío, asegurou que vai na liña do Plan Enerxético que prepara a Consellaría de Innovación.


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: