Andalucía concentra seis de cada dez hectáreas a nivel estatal.
Galiza conta co 1% do total de hectáreas de superficie cultivada dedicada á agricultura ecolóxica en todo o Estado, segundo datos do informe Alimentación en España 2007, recollidos por Europa Press.
Trátase dunha das porcentaxes máis baixas dun ránking que lidera Andalucía, co 58%, seguida de lonxe de Aragón (7,6%), Extremadura (7%), Cataluña (6%), Comunidade Valenciana (3,3%) e Navarra (2,8%). A continuación sitúanse Murcia (2,6%), Baleares (2%), Castela e León (1,4%) e, xa con menos importancia que Galicia e La Rioja, que coinciden co 1% sobre o total estatal, aparecen Cantabria (0,7%), Canarias (0,5%), Madrid (0,5%), Asturias (0,3%) e Euskadi (0,1%).