O Local Social conxunto AMARANTE-VERDEGAIA e tenda de comercio xusto de AMARANTE que inauguramos o sábado día 15 de decembro plasma en Ourense o desexo das dúas entidades por estreitar os seus lazos de colaboración. Ambas, naceron para afrontar os mesmos retos desde diferentes movementos sociais e con análises ideoloxicamente próximas. Desde a cooperación internacional unha, desde o ecoloxismo social a outra.
Esta unión de forzas e apoio mutuo posibilitarán unha maior presenza e capacidade de incidencia de ambas organizacións, farán máis posíbel avanzar na construción dunha alternativa emancipatoria, galega e global, baseada ba sustentabilidade ecolóxica, a xustiza social e a paz.
Achégate o sábado 15 as 13h á Avenida da Habana nº 64 de Ourense para celebrar connosco a inauguración deste local!