Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Críticas á herdanza do goberno do PPdeG

A Xunta conta aforrar 15 millóns en rendas marisqueiras cando as rías estean limpas

"É un gasto anual de 15 millóns de euros para que non perdan a súa actividade os mariscadores", indicou a conselleira de Pesca. Desde Medio Ambiente consideran que o plan de saneamento resolverá a situación.

Redacción - 09:00 13/12/2007

Cando se complete o plan integral de saneamento das rías, un total de 4.180 mariscadores a pé poderá traballar con "totais garantías" e 3.500 embarcacións e as máis de 3.300 bateas operativas ofrecerán un marisqueo "de alta calidade" cun estado "óptimo" das augas.

Iso non é posíbel na actualidade, e a conselleira de Pesca, Carme Gallego, recoñecía este mércores en conferencia de prensa que o gasto ao cabo de 2007 chegará a 14,8 millóns de euros en concepto de rendas aos mariscadores da chamada "Zona C", onde agora mesmo non se poden extraer moluscos debido á mala calidade da auga. Carme Gallego reprochoulle ao anterior goberno que "non sanease as rías no seu día". Á súa beira, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, destacou a beizón que esta semana chega da Unión Europea sobre o plan de saneamento concreto para a ría de Vigo, que permitirá ademais non ter que afrontar unha importante sanción económica.

O PPdeG asegura que Vázquez "paralizou" plans anteriores
Ao fío da polémica, o PPdeG comunicou este mércores que o conselleiro de Medio Ambiente "minte nun novo intento de ocultar que, nos dous anos e medio da actual lexislatura, o plan de saneamento das rías galegas que deixou en marcha o anterior goberno está paralizado".

Aseguran os populares que "só foron licitadas nove das vinte instalacións necesarias" para sanear as rías", polo que "a maioría das depuradoras anunciadas non poderán entrar en servizo antes de que finalice esta lexislatura".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: