Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ENTREGARANSE O VENRES 14 NA CORUÑA

Xa hai finalistas dos Premios da Edición

De provincia a nación (Xusto Beramendi), Made in Galiza (Sechu Sende) e Para que serve a Historia de Galicia (José Carlos Bermejo), candidatos ao mellor libro do ano

Redacción - 18:00 10/12/2007

Déronse a coñecer os finalistas da III Premios da Edición, que se entregarán o 14 de decembro no Aquarium Finisterrae da Coruña durante a Noite da Edición 2007. Os premios, organizados pola Asociación Galega de Editores pretende recoñecer aos autores e entidades que traballan a prol do libro en Galicia.

Para o Premio Ánxel Casal ao libro do ano seleccionáronse tres obras: De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Xerais), de Xusto Beramendi; Made in Galiza (Galaxia), de Sechu Sende; e Para que serve a Historia de Galicia (Lóstrego), de José Carlos Bermejo. Os finalistas do Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil do ano son Minimaladas (Xerais), de Carlos López; O único que queda é o amor (Xerais), de Agustín Fernández Paz; e Xela volveuse vampira (Baía), de Fina Casalderrey.Para o Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2007 os candidatos son A odisea (Rodeira), de Homero; Cuspirei sobre as vosas tumbas (Faktoria K), de Boris Vian; O señor Ibrahim e as flores do Corán (Faktoría K), de Éric-Emmanuel Schmitt; e Só silencio me responde (Rinoceronte), de Anna Akhmátova. Finalmente, os Premios Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do 2007 seleccionaron a Guía dos mamíferos de Galicia (Baía), ilustrado por Calros Silvar; Minimaladas (Xerais), ilustrado por David Pintor; e Titiritesa (OQO Editora), ilustrado por Mauricio A. C. Quarello.Ademais, entregarase o Premio Francisco Fernández del Riego á colaboración no labor editorial do ano, e máis o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: