Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CONSTITÚENSE ESTA FIN DE SEMANA

Dúas mulleres aspiran a presidir os colexios profesionais de Informática

Leticia Diz Bengoechea e María Xosé Durán encabezan cadansúa candidatura.

Redacción - 12:35 10/12/2007

O venres 14 e o 15 de decembro desenvolveranse no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, as asembleas constituíntes do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG), respectivamente.


No caso do CPETIG, non será necesario realizar eleccións, pois só hai unha candidatura, a que encabeza Leticia Diz Bengoechea. Por parte do CPEIG haberá que elixir entre as candidaturas de María José Durán Domínguez e Fernando Suárez Lorenzo. Deste xeito, queda garantido que polo menos un dos dous colexios terá á súa fronte unha muller, nunha profesión maioritariamente composta por homes.

A Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia (AEIG) cumprirá, así, o seu obxectivo fundacional, dende que no ano 1992 saíse a primeira promoción de Licenciados en Informática de Galiza.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: