Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informa 'The New York Times'

EUA destruíu gravacións de interrogatorios a presuntos membros de Al-Qaeda

A Axencia Central de Intelixencia (CIA) eliminou polo menos dúas cintas de vídeo con torturas nos interrogatorios.

Redacción - 11:25 07/12/2007

A Axencia Central de Intelixencia (CIA) destruíu polo menos dúas gravacións de vídeo en que membros do servizo secreto estadounidense someten a dous sospeitosos de terrorismo a duras técnicas de interrogatorio, segundo informa este venres o diario The New York Times.

As gravacións, realizadas en 2002, rexistran os interrogatorios aos que foron sometidos dous presuntos membro de Al Qaeda, foron destruídas en 2005 para "protexer a identidade dos axentes secretos de maiores riscos legais", de acordo cun memorando interno do director da CIA, Michael Hayden.

A CIA dixo esta quinta feira que a decisión de destruír as cintas tomouse ''dentro da propia CIA'', e que o propósito era protexer a seguridade dos axentes encubertos, ademais de que xa non tiñan valor no tocante a intelixencia. A axencia estaba dirixida entón por Porter J. Goss.

The New York Times comunicoulle á CIA a cuarta feira pola noite que planeaba publicar no xornal desta quinta un artigo sobre a destrución dos vídeos. Este mesmo día, o xeneral Michael V. Hayden envioulles unha carta aos empregados da CIA para explicarlles a situación.

En ningún, caso ás gravacións foron postas á disposición dos tribunais nin da Comisión que investigaba o ataque do 11-S.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: