Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho proxectará Sempre Xonxa, O Lapis do Carpinteiro e Entre Bateas na Videoteca Municipal da cidade
A mostra realízase no ámbito da exposición O sorriso de Daniel, promovida polo Consello da Cultura Galega, e as películas proxectaranse baixo o lema A(s) Galiza(s) desde 3 filmes. A cita é na Rúa do Raio de Braga, no Auditorio Municipal.
Programa
Sempre Xonxa, 4 de decembro, 18 horas
O lapis do carpinteiro, 5 de decembro, 18 horas
Entre bateas, 11 de decembro, 18 horas