Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
4 E 5 DE DECEMBRO

'Noite de Reis' en Vigo

O Centro Dramático Galego leva á cidade olívica a súa úlima produción, dirixida por Quico Cadaval

Redacción - 18:06 04/12/2007

O Centro Cultural Caixanova acolle os días 4 e 5 de decembro, ás 20.30 horas, o espectáculo Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval. A montaxe, que está a obter un gran éxito de público, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.

Rebeca Montero, María Bouzas, Xosé Manuel Olveira Pico e Marcos Orsi encabezan un elenco de 10 actores e actrices. As entradas, ao prezo de 2,70 e 3 euros (1º anfiteatro), 3,60 e 4 euros (2º anfiteatro), 5,40 e 8 euros (3º anfiteatro) e 7,20 e 8 euros (butaca).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: