Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NOVELAS CON EMOTICÓNS

Os superventas xaponeses escritos nun móbil

A metade das 10 novelas máis vendidas este ano en Xapón foron escritas en teléfonos móbeis. Vendéronse uns 400.000 exemplares por termo medio

Redacción - 18:01 03/12/2007

Están escritas xeralmente por principiantes e están dirixidas principalmente ás mozas novas. Contan polo xeral historias de amor, sexo e drogas vividas por adolescentes.

A primeira versión están concibida para ser lida baixo un formato de episodios moi curtos mediante un teléfono móbil. O Sidney Morning Herald, que dá a información, salienta por outra banda que as lectoras compran a versión en papel, en particular, porque enviaron os seus comentarios aos autores e consideran ter participado no libro.

Os conservadores da literatura xaponesa tradicional preocúpanse polo recurso de frases ultra curtas ateigadas de emoticóns, considerados por algúns como unha nova forma de evolución da lingua.

Duncan Riley, que retoma a noticia en TechCrunch, non imaxina tal fenómeno en occidente pero lembra que Xapón está a miúdo en anticipo de dez anos nesta clase de evolución cultural vinculada á tecnoloxía.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: