Novedades Carminha e Los Iribarnes, dous dos grupos máis orixinais da escena musical galega, presentan os seus temas máis recentes en Pontevedra
Os composteláns Novedades Carminha pasarán pola Sala Karma de Pontevedra antes de realizar dous concertos en Madrid, nas primeiras semanas de decembro. Mentres, Los Iribarnes, que ofrecen a súa maqueta Planeta Iribarne en descarga gratuíta, repetirán o domingo en Bueu, acompañando a Zënzar.
O concerto de Pontevedra, será o venres 30, a partir das once da noite, por tan só tres euros.