A muller finou tras ser rescatada, pese aos esforzos do equipo médico do 061 por reanimala.
Sobre o mediodía da quinta feira produciuse este accidente laboral en Padrón, xusto debaixo da ponte da autoestrada situada preto da gasolineira de Pardal, na parroquia da Escravitude.
Segundo informou o servizo de emerxencias da Xunta, a traballadora M.S.C.F., de 33 anos (que estaba a limpar as beiras do río), sufriu unha parada cardiorrespiratoria a consecuencia das feridas que lle provocou a caída dunha pedra, e non puido sobrevivir pese a que os equipos médicos tentaron reanimala durante media hora.