Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proposta de" refundación" catalanista

Artur Mas fala do "dereito a decidir" como proceso imprescindíbel no exercicio da democracia

Na súa esperada intervención, o líder de CDC, propuxo ademais un goberno de "unidade nacional" no caso de que o Constitucional free o Estatut.

Redacción - 09:00 21/11/2007

"O catalanismo: enerxía e esperanza para un país mellor", foi o título da intervención este martes de Artur Mas, no evento anunciado hai xa semanas onde o líder de CDC prometía expoñer as bases do que pretende que sexa unha "refundación" do proxecto "catalanista" da súa formación. Diante dun auditorio cheo, Mas tivo unha intervención moi medida, con chiscadelas para diversas esferas ideolóxicas, no que pretendía ser a definición das bases dunha oferta política capaz de seducir a un espazo electoral que lle devolva a CiU o protagonismo perdido na política catalá.

"Temos dereito a decidir o que nos convén como pobo, e debemos aplicalo sobre o que máis nos une, non sobre o que nos divide", indicou Artur Mas. "O dereito a decidir dun pobo é o exercicio da democracia en estado puro, a que demócrata lle dá medo isto?", desafiou, insistindo en que a refundación proposta debe contribuír ao camiño de superación da "situación de dependencia" respecto do Estado español. De xeito concreto, explicou Mas que ese dereito a decidir sería un proceso que expresaría de xeito específico por exemplo a través da propia consulta ao pobo catalán sobre a súa opinión ao respecto do concerto económico.

"Cataluña ten a oportunidade de situarse entre as nacións que destaquen pola súa excelencia, e o catalanismo non pode deixar pasar esta oportunidade", dixo, falando sobre o modelo de sociedade que lle gustaría para o seu país e referíndose a Finlandia ou Irlanda, na súa opinión "países relativamente pequenos coma nós, pero que camiñan pola vía da calidade e da excelencia". De paso, sinalou que para Cataluña a referencia xa non debe ser o ámbito español senón "o mundo". De xeito concreto referiuse á área mediterránea. "Quen queira vir ao sur de Europa a facer negocios debe situar Cataluña como primeiro destino", expuxo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: