Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Apárcase a presidencia de quenda na Fegamp

Fenda no consenso local de nacionalistas e socialistas polos beireos do PSdeG co PP

"O PP detectou na avaricia dos alcaldes do PSdeG unha cuña para torpedear o acordo de PSOE e Bloque", quéixase Alberte Ansede, secretario de Organización do BNG.

Redacción - 09:00 20/11/2007

Non parece que poida haber consenso para o estabelecemento de presidencias de quenda á fronte da Federación Galega de Municipios e Provincias, Fegamp. O PPdeG xa anunciou hai tempo, por boca do presidente saínte, o rexedor de Lalín, Xosé Crespo, que non pactaría un modelo dese tipo. Pola súa banda, o BNG confiaba en que o PSdeG non puxese problemas para a aplicación do documento asinado o verán pasado ao respecto do mapa municipal. Aló, socialistas e nacionalistas comprometéranse por escrito a impulsar ese liderado rotatorio na institución, en quendas de igual duración, e mesmo se garantía que o primeiro presidente sería un alcalde do BNG.

E porén, ás portas da asemblea que marca a viraxe no mapa municipal, logo da perda da hexemonía para o PPdeG, socialistas e nacionalistas enfróntanse nun acedo tirapuxa. Desde o PSdeG consideran agora que o documento non é vinculante toda vez que o PPdeG renunciou a que a rotación sexa entre as tres forzas políticas. Nese escenario, e co apoio do PPdeG, o próximo presidente da Fegamp sería para os socialistas que, en troco, pactarían cos populares diversos postos na directiva do organismo. Opinan os nacionalistas que o PSdeG está dinamitando a unidade que existía arredor da Fegamp, mentres que os socialistas xustifican que teñen maioría abondo e que así e todo están intentando chegar a acordos concretos.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: