Compostela acolle os días 19 e 20 de novembro unhas xornadas organizadas pola AAAG para debater sobre a relación entre o actores e público.
A Asociación Galega de Actores e Actrices, patrocinada pola Consellaría de Cultura e o IGAEM, organiza para os días 19 e 20 de novembro a terceira edición das Xornadas de Cidadanía e Teatro, que contará con 4 mesas nas que se falará sobre diversos temas.
A repercusión mediática no público teatral, a seducción económica e artística do audiovisual, a dispersión profesional do actor galego e a insuficiencia laboral e artística do sistema de exhibición teatral serán as liñas centrais do encontro.Ao longo destas xornadas participarán unha serie de caras coñecidas no mundo actoral e profesional, como é o caso do actor Ernesto Chao, o programador Agustín Lorenzo e o produtor Paco de Pin, que participarán na primeira das mesas, para falar sobre o papel da televisión e do cine á hora de crear figuras recoñecidas na sociedade.