Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O teléfono serve para case todo

Xa se pode empregar o móbil para actualizar Blogaliza

Dende agora, se estás lonxe do computador, e hai unha novidade que ansías contar e non podes actualizar... non pasa nada! Se levas móbil no peto, o problema está solucionado.

Redacción - 12:25 13/11/2007

Porque dende agora os usuarios da meirande compilación de blogues de Galiza, o Blogaliza, xa poden achegar notas aos seus blogues a través do teléfono móbil.

Atopado vía Chuza!, vimos a segunda feira de mañá que Goretoxo vén de desenvolver "tras varios meses de investigación e moitas horas en branco (e en negro)" unha solución sinxela que vai permitir que todos os blogueiros poidan facer apuntamentos no propio blogue vía móbil (habendo cobertura e móbil no peto).

A solución apóiase no WordPress e permite mandar notas ao caderno persoal a través de mensaxes de texto. O único que hai que facer é ter un blogue en Blogaliza e pedirlle ao administrador que active esta característica. Daquela, xa se pode publicar en calquera momento e lugar, cando veña a inspiración.

Poñer unha palabra, un espazo, e a mensaxe que queres mandar
O paso seguinte é introducir o número do móbil do que se han enviar as mensaxes nun novo formulario do menú 'Opcións', e daquela todo está preparado. As mensaxes deberán comezar coa palabra 'BLOG', seguida dun espazo e o texto que se queira publicar. Os textos chegan a un Terminal que os reenvía cara o servidor de Blogaliza, onde se verifica o número de móbil de orixe.

O custo das mensaxes é o habitual, o mesmo que o dunha mensaxe calquera mandado a un amigo, mais, coma sempre, depende do operador.

O sistema, que é irmán, segundo conta Goretoxo no seu blogue, do aparecido hai ben pouco en Chuza!, aínda ten que mellorar mais funciona, xa que as mensaxes publícanse uns segundos despois de seren enviadas, e aparecen tituladas como MOBLOG.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: