Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os traballadores chineses terán vacacións pagadas

Vinte anos traballando para ter só quince días de vacacións

O executivo chinés estuda a nova regulación laboral e pediu a opinión da cidadanía. As vacacións terían de límite 15 días, e para chegar a eles débense traballar 20 anos seguidos.

Redacción - 12:54 07/11/2007
Outra fotografía de H@r@ld no seu Flickr

Outra fotografía de H@r@ld no seu Flickr

A través da web gobernamental e do xornal Shanghai Daily, o goberno chinés estalles a preguntar aos seus traballadores se estarían de acordo con este cambio. A necesidade de contar con vacacións pagadas xa se estuda en China dende 1991, e o país asiático conta cunha lei laboral que defende a súa existencia dende hai 12 anos, pero nunca se tiña dado o paso definitivo.

Terán que traballar 20 anos para poder ter 15 días de vacacións
Porén, aínda que é un importante este novo paso no sólido establecementos dos dereitos dos traballadores chineses, a mellora non se pode chamar espectacular, xa que durante os 10 primeiros anos de vida laboral o empregado só vai ter dereito a cinco días de vacacións pagadas; pasada a década poderá gozar de 10 días, e despois dun total de 20 anos traballando, poderá chegar ao límite previsto, 15 días.

O xornal Shanghai Daily aclara que non é preciso ter traballado sempre para o mesmo xefe, cun ano chega; aínda que non se especifica se o cómputo total de anos se vai realizar dende a entrada en vigor da lei, ou tendo en conta a vida laboral de cada traballador.

Ademais, neste días pagados non entran as xa existentes "semanas douradas" de vacacións (que son en realidade tres días, que se suman a outros catro correspondentes a dous fins de semana e ao Ano Novo Chinés, ao Día do Traballo e ao Día Nacional).

O problema das semanas douradas
Estabelecidas no 2000, as semanas douradas foron moi criticadas, porque nun comezo foron creadas para permitir aos cidadáns chineses viaxar polo seu país (aumentando o consumo interno), mais nos últimos anos China encheuse de turistas. Son tantos os que escollen estes días para facer unha viaxe polo país que as comunicacións e infraestruturas chinesas non poden absorber a demanda. Os prezos medran e moita xente está a pensar en quedar na casa.

A aprobación dunha norma específica que estabeleza exactamente unhas vacacións iguaias para todos (cun número exacto de días), contribuiría, segundo o goberno chinés, a terminar con estas complicacións.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: