Un chaleco de alta tecnoloxía permítelle ao xogador experimentar na súa carne os golpes e feridas que recibe o seu personaxe nun vídeoxogo
Ata onde chegarán os videoxogos no afán pola perfección? Despois dos volantazos, que se opoñen a unha resistencia do xogador, e as pancas vibrantes, nace o FPS Vest, unha peza de roupa de vestir intelixente tipo chaleco antibalas pero que exerce en realidade unha función oposta: permitir ao xogador experimentar o impacto das balas e outros golpes.
O chaleco ínflase e o xogador lanza o "First Person Shooter" (xogo de tiro). Se o soldado ou o extraterrestre agochado nunha trincheira ou nun corredor escuro o ve e lle dispara coa súa arma, un dos oito sistemas pneurnáticos ocults no chaleco ínflase máis ou menos rapidamente para simular a potencia e a trayectoria do impacto.
Masoquista?
Segundo TN Games, a empresa que comercializa o xogo, o FPS Vest pode así ofrecerlle ao xogador as sensacións dun tiro no corpo, dunha explosión, dunha coitelada ou incluso dunha man precipitadamente colocada sobre o ombro, de tal xeito que o faga tremer.
Este xogo con til masoquista venderase en tres cores (negro, camuflaxe ou rosa) a partir do 21 de novembro. o accesorio suministrarase con "Call of Duty II" e un xogo para a casa. TN Games anuncia que os pesos pesados dos xogos de tiros como Quake 4 ou Doom 3 serán moi pronto compatibles co chaleco, e propón aos editores de xogos un equipo para adaptar os seus títulos ao FPS Vest.
A priori, este non causará verdadeiros danos como poden ser moratóns ou feridas, e TN Games non propón aínda casco destinado a simular o "headshot", un tiro entre os dous ollos, considerado como o clímax nesta clase de xogo. En cambio, a empresa anuncia a próxima saída doutro chaleco para os xogos de carreiras ou de aviación. O piloto experimentará a aceleración do seu vehículo e a forza centrífuga nos xiros do coche.