Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nove prazas máis que en 2006

A Xunta amplía a súa oferta de emprego público a 1.044 novas prazas

A oferta para 2007 supón un incremento de máis do duplo nas prazas da administración xeral e especial.

Redacción - 17:46 31/10/2007

A oferta de emprego público deste ano tamén eleva a cota de acceso para discapacitados ao 7%, de tal xeito que se reservará esa porcentaxe das prazas para persoas con minusvalías. Ademais, establece a preferencia na elección de destino para persoas con discapacidade xustificada por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas.

Segundo o texto do decreto aprobado, a Oferta de Emprego Público correspondente a distintos corpos e escalas de administración xeral e especial -así como a distintas categorías de persoal laboral fixo da Xunta- modificarase para engadirlle 6 prazas de persoal funcionario do corpo superior de administración da Xunta de Galicia ( o chamado grupo A); e 3 prazas de persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (tamén do grupo A).

Axuda no acceso ao emprego público para as mulleres
Este novo texto tamén especifica que cando nun determinado corpo, grupo ou categoría da administración pública galega se verifique a pouca representación feminina (se hai un 20% menos de mulleres que de homes), de existir méritos iguais entre dous ou máis candidatos, serán admitidas primeiramente as mulleres; a non ser que se consideren obxectivamente todas as circunstancias dos candidatos e que existan motivos non discriminatorios para preferir o home.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: