Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Fuso horario

Jorquera volve pedir que Galiza adopte a súa “hora natural”

O senador do BNG presentou unha pregunta no Senado xustificada no escaso aforro enerxético que supón para o país o cambio de hora.

Redacción - 16:40 29/10/2007
Mapa de fusos horarios e horas oficiais en Europa

Mapa de fusos horarios e horas oficiais en Europa

Un día despois da volta ao horario de inverno, o senador do BNG Francisco Jorquera presentou unha iniciativa no Senado para pedirlle ao goberno español que Galiza adopte a súa “hora natural”. Jorquera xustifica a medida “para mellorar deste xeito o aproveitamento da luz solar, coas múltiples vantaxes que isto suporía para a sociedade galega, dende un maior aforro enerxético até a súa repercusión no conxunto da economía e nunha mellora da calidade de vida”.

Segundo os datos achegados polo senador, o cambio de hora só lle supón a Galiza un aforro do 1% no consumo de enerxía, fronte ao 5% do conxunto do Estado Español: “O noso país está situado nun fuso horario que xeograficamente non lle corresponde”, xa que se atopa no mesmo meridiano que Portugal e Irlanda, polo que lle correspondería a mesma hora.

Jorquera conclúe: “O factor enerxético vénse así a se engadir a outros moitos que xustifican a necesidade de que Galiza adapte o seu horario á súa hora natural”. Por iso, pregúntalle ao goberno español se cre que o escaso aforro de enerxía en Galiza se debe a que a súa hora oficial non se corresponde coa natural, e se considera necesario atrasar unha hora coas múltiplas vantaxes que suporía para a sociedade do país.


4,67/5 (15 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: