O 89% dos vascos coidan que para superar o conflito é preciso un diálogo continuo entre o goberno vasco e o español.
O goberno vasco deu a coñecer este xoves un sondeo sobre a consulta que planea o lehendakari Ibarretxe. Segundo os datos oficiais, un 59% da poboación vasca está a prol de que o lehendakari convoque a consulta, mentres que un 21% están en contra. O 73% dos vascos cren que as institucións, os partidos e ETA teñen que aceptar e asumir o resultado da consulta.
O 89% das persoas que contestaron ao estudo cren que é preciso un diálogo entre os gobernos vasco e español para atopar solucións ao conflito.
Poden ampliar os resultados da enquisa en Deia.